Quantcast
Channel: blogelpartoesnuestro.com
Viewing all articles
Browse latest Browse all 614

POLA AMPLIACIÓN DO PERMISO MATERNAL A SEIS MESES

$
0
0

 

 

POLO DEREITO Á CRIANZA: XUNTANZA FAMILIAR REIVINDICATIVA EN SANTIAGO O 30 XUÑO AS 12H A PROL DA AMPLIACIÓN DO PERMISO MATERNAL

Nos reuniremos na Praza da Quintana para xuntarnos e reclamar, nun ambiente familiar e lúdico, un permiso maternal de 6 meses mínimo (ca posibilidade de compartir co pai se asi o desexa a familia).

A xuntanza será as 12h e comeremos alí (cada quen levará o seu).

A idea xurde dun grupo de nais comprometidas que se coñecen a través das redes sociais e o acto conta co apoyo e colaboración de FEDEGALMA (Federación Galega de Asociacións de Lactancia) e de O Parto é Noso- El Parto es Nuestro.

O Estado español é dos países europeos cunha lei de conciliación máis precaria, concretamente, ocupamos o 8º posto en canto á duración dos permisos de maternidade e paternidade. Á cabeza, os países nórdicos (Finlandia, Islandia, Dinamarca, Suecia e Noruega). Os permisos de maternidade e paternidade máis longos son os de Suecia, 16 meses compartidos entre pai e nai percibindo o 80 por cento até os 390 días. Séguelle Noruega con 56 semanas ao 80 por cento o 46 semanas ao 100 por cento. O pai ten dereito a 70 días de axuda (10 semanas) percibindo o 100 por cento do seu salario. A nai está obrigada a coller 21 días antes do parto e 42 días despois do parto, o resto pódese compartir co pai. Velaí que Save the Children destaca a Noruega como o mellor país para ser nai. En Islandia ambos teñen 90 días ao 80 por cento + 90 días a repartir co pai/nai; é, polo tanto, o único país que ten exactamente os mesmos dereitos entre permisos de maternidade e paternidade.

Por todo isto, animámosvos a acudir o domingo 30 de xuño a praza da Quintana para facer forza entre todos e todas e que o permiso de 6 meses poda ser una realidade.

 

Se tes unha asociación de lactancia, crianza, adopción, etc podes acompañarnos e traer os teus folletos, merchandising, información, etc e aproveitar a ocasión para visibilizarvos.

Se tes algunha dúbida, suxerencia ou se precisas contactar con nós podes facelo no email dereitoacrianza@gmail.com

ou na página de facebook:  


Viewing all articles
Browse latest Browse all 614

Trending Articles