Estamos encantadas de darvos á benvida o Blog de O Parto é Noso, o grupo local de El Parto Es Nuestro en Galicia.
Levamos xa moitos anos traballando aquí, dende o 2006, e imos vendo como, pasiño a pasiño, as cousas están a cambiar. Pero iso non quere dicir, nin moito, menos, que sexan perfectas e que non teñamos que seguir traballando.
Somos máis de 60 socias, de tódolos recunchos de Galicia, e estamos organizadas en catro grupos: A Coruña, Lugo, Vigo e Santiago.
http://www.elpartoesnuestro.es/pagina/grupo-local-coruna
http://www.elpartoesnuestro.es/pagina/grupo-local-lugo
http://www.elpartoesnuestro.es/pagina/grupo-local-santiago-de-compostela
http://www.elpartoesnuestro.es/pagina/grupo-local-vigo
Nesas catro cidades atoparás reunións abertas para mulleres e familias, para informarte ou para informarnos, para escoitar o para contar.
As últimas reunions de este curso serán:
Santiago o sábado 15 de Xuño e Lugo o 29 de xuño, podedes ver toda a información sobre lugares e horarios nos links anteriores.
Nos meses de verán facemos un descanso, para repoñer forzas, pero en septembro voltaremos con ánimos renovados nas catro cidades.
Vémonos o próximo 14 de septembro na Coruña e en Vigo, o 15 en Santiago e o 28 en Lugo.
Se queres máis información, se queres escribirnos para o que sexa, podes facelo a: opartoenoso@elpartoesnuestro.es.
Seguiremos informándovos das nosas actividades e reinvindicacións a través deste o noso novo blog.